DeportesÚltima hora

Kevin Van Wijk continúa no Club Ourense Baloncesto

O conxunto tamén contratou ao escolta español, David Navarro

Kevin Van Wijk. / Foto: cedida.

 

O Club Ourense Baloncesto (COB) ven de pechar, este sábado 25 de xullo, a renovación do ala-pívot Kevin Van Wijk para a tempada 2020-2021. Kevin, natural da cidade holandesa de Hoofddorp disputará a súa terceira tempada consecutiva no conxunto cobista.

Van Wijk, de 2’03 metros de altura, xoga a súa oitava tempada na liga LEB Oro e ten percorrido noutros clubs de baloncesto nacionais como o Leche Rio Breogán, o Levitec Huesca e Melilla Baloncesto. No último ano tivo promedio de 10,4 puntos e 6 rebotes en 25 minutos por encontro.

Contratación de David Navarro

Por outra banda, o conxunto tamén pechou a contratación do escolta español David Navarro. Co fichaxe, o xogador regresa á LEB Oro, liga que desputou por última vez na tempada 2013-2014 cando conseguiu un promedio de 10,3 puntos e 3,1 rebotes.

 

Artigos relacionados

Back to top button