ConcellosÚltima hora

King África e Son do Sil nas festas de Sobradelo

Do 11 ao 13 de abril celebraranse os actos na honra á Virxe da Encarnación
King África actuará en Sobradelo o sábado 11 de abril.
King África actuará en Sobradelo o sábado 11 de abril.

Cunha importante modificación en canto á ubicación, se presentan as festas patronais de Sobradelo na horna á Virxe da Encarnación, as primeiras do ano, que se celebrarán entre o 11 e 13 de abril.
“A fermosa zona do malecón onde se viñan desenvolvendo dende hai anos, presenta un problema de acceso para as orquestras que adoitan traen grandes e aparatosos camións co seu propio escenario” explica a alcaldesa Mª Carmen González. Por iso, este ano decidían facer as festas na vella estación de tren “na explanada de Renfe, o lugar no que historicamente se viñan desenvolvendo, ata que se trasladaron ata a paraxe do malecón” di Mª Carmen.

Con respecto á programación para eses tres días de festa, coma sempre haberá grupos de gaitas e charangas que animarán o ambiente polas mañás como Los Amigos, Los Bercianos ou Brisas do Sil… Xa pola tarde, o baile correrá coma sempre por conta das orquestras. Para o sábado 11 de abril está contratada a orquestra Pontevedra, que amenizará a sesión de tarde e tamén a verbena. Ese día, en torno á media noite terá lugar unha actuación estelar a cargo dun coñecido personaxe que non deixará indiferente a ninguén, King África, quen ao son de temas especialmente vencellados ao verán como aquel famoso “Bomba”, entre outros moitos, amenizará a velada.

Volvendo ás orquestras, o domingo día 12 de abril, será a Garibaldi a encargada de facer bailar aos asistentes. A programación musical dese día completarase coa actuación de Son do Sil e a tradicional sesión de fogos de artificio.

E así chegaremos á xornada principal das festas, o día da Virxe da Encarnación, luns 13 de abril. Ás 12:30h. terá lugar a procesión coa imaxe da Virxe polas rúas de Sobradelo acompañada polos fieis do concello e de toda a bisbarra, coa posterior eucaristía na igrexa parroquial. O broche musical ás festas 2015 porao a orquestra Marbella que será a encargada de amenizar o baile en sesión de tarde e verbena.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button