ConcellosÚltima hora

La Banda de Mazinger abrirá mañá as festas de San Jorge, en Vilamartín de Valdeorras

O programa estenderase ata o 23 de abril e inclúe teatro, orquestras, cultos e ata un torneo de paintball
Bailando na praza, na Festa de San Jorge./ Foto: Carlos G. Hervella.

Música rock para os máis animados, orquestras para bailar solto ou en parella, cultos, teatro e actividades para os máis pequenos. Cun pouco de todo se presenta o programa das Festas de San Jorge 2018 que se celebrarán do 20 ao 23 de abril en Vilamartín de Valdeorras.

A mocidade será a protagonista do primeiro día, mañá 20 de abril, cun concerto de rock na praza José Luis Núñez a partires da medianoite. Será a hora á que se suba ao escenario La Banda de Mazinger, grupo vigués formado por David Seoane (voz), “J” Montes (guitarra e coros), Jonathan “Motta” (baixo e coros) e Alejandro “Tola” (percusión). A banda ten un estilo de pop-rock anos 80 con versións de artistas como Loquillo, Sabina ou Los Ronaldos entre outros, que sen dúbida fará as delicias do público, que poderá seguir bailando ata a madrugada ao son dunha discomóbil.

Para o sábado 21 de abril, a comisión de festas programou un torneo de fútbol sala infantil no pavillón do Bañadoiro, pola mañá, e os nenos serán tamén os protagonistas pola tarde xa que poderán desfrutar de inchábeis na praza. “En caso de que chova, trasladaranse ao pavillón”, explican dende a comisión, aínda que durante os días de festa instalarán unha carpa por se o tempo non acompaña. O baile correrá por conta da orquestra espectáculo Grafitti en sesión de tarde e verbena.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button