CulturaCulturaÚltima hora

“La Bella y La Bestia” chegará a Verín na fin de semana

O filme proxectarase na Casa da Cultura en varias sesións, do 7 ao 9 de abril

O cinema municipal de Verín acollerá a vindeira fin de semana a proxección do filme La bella y la bestia en varias sesións no Salón de Actos da Casa da Cultura: o venres día 7 ás 19:15 e ás 22h; o sábado día 8 ás 16:30, 19:15 e 22h; e o domingo día 9 tamén ás 16:30, 19:15 e 22h.

Cunha duración de 130 minutos e apta para todos os público, este filme de FILMAFINITY, é a adaptación en imaxe real do clásico de Disney La bella y la bestia, que conta a historia de Bella (Emma Watson), unha moza brillante e enérxica, que soña con aventuras e un mundo que se estende máis aló dos confíns do seu pobo en Francia. Independente e reservada, Bella non quere saber nada co arrogante e engreído Gastón, quen a persegue sen descanso. Todo cambia un día cando o seu pai Maurice (Kevin Kline) é encarcerado no castelo dunha horrible besta, e Bella ofrécese a intercambiarse co seu pai e queda recluída no castelo. Rapidamente faise amiga do antigo persoal do lugar, que foi transformado en obxectos do fogar tras unha maldición lanzada por unha feiticeira.

As entradas para o cine, en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

Artigos relacionados

Back to top button