CulturaMúsicaÚltima hora

La Buena Vida amenizan a sesión vermú deste domingo 30 de agosto, no Barco

O concerto enmárcase no "Terrasón 2020" e tivo lugar ás 13:00h, na zona das piscinas municipais

 

O ciclo de concertos “Terrasón 2020” pecha a súa última fin de semana de agosto coa actuación de La Buena Vida. A cita foi ás 13:00h, na zona do Malecón próxima ás piscinas municipais. A banda interpretou versións de diferentes éxitos nacionais e internacionais. O repertorio incluía temas de Los Rodríguez, M-Clan e Bob Marley, entre outros. O evento tivo unha boa acollida entre os veciños, que se repartían entre as localidades dispostas e a terraza do bar das piscinas. Tamén habilitouse un posto de desinfección con xel hidroalcólico a disposición dos asistentes.

O “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco, continúa durante a primeira quincena de setembro con outros tres concertos máis. Miguel Arias tocará o vindeiro día 5, na Praza do Concello, ás 22:30h. O día 12, Los Íñigos acudirán á Praia Fluvial ás 13:00h e, finalmente, Sito Trío ofrecerá un concerto o día 13 de setembro no mesmo lugar e emprazamento.

Artigos relacionados

Back to top button