EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“La Faraona Craft Beer” de Vilamartín, na I Feira da Cervexa Artesá da Rúa

A mostra está aberta durante toda a fin de semana na Estación de Autobuses

Os amantes da cervexa teñen unha cita esta fin de semana na Rúa. Dende a tarde do venres 19 de outubro e ata mañá, domingo, o recinto da Estación de Autobuses acolle a I Feira da Cervexa Artesá organizada pola ADICCAG.

Ao fronte está Pablo Casanova, artesán da cervexa Monte Rei de Estevesiños (Monterrei, Verín) e da ecolóxica As Galegas, que se achega por primeira vez a Valdeorras para amosar e promocionar esta bebida. “En Viana xa levamos varias edicións e a idea é chegar tamén ao Barco”, asegura Pablo, adiantando que na súa fábrica de Monterrei elaborarán tamén o primiero whisky de malta galego.

Na Rúa, ademais das cervexa elaboradas en Estevesiños, está tamén “La Faraona Craft Beer”, a primeira cervexa artesá de Valdeorras elaborada por Toni Álvarez en Vilamartín, así como un posto de comida  con pizzas, polbo con patacas e mexilóns ao vapor, e outro de xamón cortado in situ.

Os máis pequenos teñen inchábeis para brincar e quen o desexe pode tamén mercar doces e artigos de artesanía.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button