CulturaCulturaFestas do Cristo O BarcoMúsicaÚltima hora

La Fuga, en concerto o 12 de setembro no Barco

A banda cántabra será o prato forte musical das Festas do Cristo 2015
La Fuga tras un concerto.
La Fuga tras un concerto.

Se por algo se caracterizan as festas do Cristo no Barco de Valdeorras é pola variedade en canto a actividades e tamén en canto ao público ao que van dirixidas. Pero non é menos certo que cada ano, en cada programación, o apartado musical cobra especial relevancia, destacando entre tódalas actuacións a dun grupo de referencia a nivel nacional.

O ano pasado eran os míticos Seguridad Social os que facían vibrar ao público valdeorrés e este ano será La Fuga, banda de rock de Reinosa (Cantabria) quen se achegue ata O Barco para conquistar ao público cos seus potentes sons.

Dentro da xira “Mas de cien amaneceres” coa que están percorrendo a xeografía española, La Fuga dará un concerto na praza Andrés de Prada o sábado 12 de setembro a partires das 23:45h.

Artigos relacionados

Back to top button