CulturaCulturaÚltima hora

“La ira del cerval”, unha novela de misterio, amor e lendas nacida en Valdeorras

Alberto Vázquez, veciño do Barco, vén de publicar este thriller ambientado na Galicia interior

Alberto Vázquez, autor de “La ira del corval”. /Foto cedida.

 

“Imaxina unha vida construída sobre a memoria dunha familia. Imaxina descobrir que non che pertence, e perder todo o que che importa nese mesmo instante…” Así comeza o booktrailer de La ira del cerval (Editorial Adarve), a novela de Alberto Vázquez Corzo (A.V. Corzo) nacida en Valdeorras que mestura intriga, amor e lendas na Galicia profunda.

Un enterro á beira do río Sil, no Barco, cambiarao todo para o protagonista desta novela. Tras descobrir un  segredo agochado polos seus pais e vendo tambalear o seu mundo, Pelayo (natural de Valdeorras) refúxiase na procura da solución dun misterio de fórmulas e números inintelixibles detrás do cal podería atoparse un avance científico sen precedentes. Mais trala sospeitosa morte do seu amigo, e de verse obrigado a renunciar ao amor da súa vida, acaba por derrubarse, caendo nun profundo abismo onde antigas lendas regresan como unha maldición dende as montañas da Valdeorras da súa infancia.

 

 

Entre lendas e feitos reais se suceden as páxinas desta novela na que o seu autor xoga coa intriga e unha trepidante narración para levar ao lector, xunto co protagonista, ao límite da súa resistencia na busca da solución ao enigma.

Alberto Vázquez, veciño de O Barco, fillo e pai de valdeorreses aínda que el naceu na Coruña, é máis coñecido na comarca polo seu papel como profesor de Judo, pero agora achégase ata a poboación coa súa faceta de escritor. Á espera de ser distribuída nas librarías tralas festas de Nadal, La ira del cerval está xa á venda en Amazon.

Artigos relacionados

Back to top button