CulturaMúsicaÚltima hora

“La La Love You”, “Corizonas” e “Eme DJ”, novas confirmacións para o SilFest Valdeorras 2021

O festival anunciou fai poucos días que se pospoñía aos días 22, 23 e 24 de xullo do vindeiro ano

O SilFest Valdeorras 2021 vén de publicar tres novas confirmacións para a edición do vindeiro ano, “La La Love You”, “Corizonas” e “Eme Dj”. O festival anunciaba fai poucos días a aprazamento aos días 22, 23 e 24 de xullo do 2021 por mor da crise sanitaria actual.

 

 

Dende o SilFest Valdeorras aseguran que “La La Love You”, “a banda de punk-rock volverá a Valdeorras para demostrar que se pode facer música directa, optimista, divertida e sen pretensións pero á vez sofisticada e impecable en produción”.

 

 

Por outra banda, “Corizonas” é o grupo resultante da unión de “Arizona Baby” e “Los Coronas”. Este conxunto acumula premios como o de Mellor Directo 2011 ou a súa nominación a Mellor Artista Español nos European Music Awards (MTV).

 

 

Por último, “Eme DJ” foi elixida como mellor DJ do ano por Rockdelux en 2010, 2011 e 2014. “É unha das DJ máis recoñecidas na escena indie-electro-pop e nas principais pistas de baile de toda España”, explican dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button