OurenseÚltima hora

La Molinera abre un curso de seguridade informática para PEMES e autónomos

O curso desenvolverase entre os días 16 de outubro e 8 de novembro e tamén pode ser útil para os que realizan xestións privadas a través de medios informáticos como móbiles e ordenadores
Jaime Pereira, Jorge Pumar e David Martínez.

A seguridade informática é unha das columnas vertebrais para garantir o bo funcionamento das empresas, segundo puxo de manifesto hoxe, 11 de outubro, o concelleiro de Promoción Económica do concello de Ourense, Jorge Pumar, na CEO durante a presentación dun curso sobre seguridade informática para autónomos, profesionais e pequenas empresas, que levará a cabo na Molinera. No acto estivo acompañado polo secretario xeral da CEO, Jaime Pereira, e o presidente da asociación de autónomos, David Martínez. Ambos coincidiron na importancia de manter os equipos informáticos das empresas a salvo de ataques ou accións externas, xa que estes poden provocar graves problemas e dificultades na xestión.

Segundo o concelleiro de Promoción Económica, o curso, que se desenvolverá na Molinera entre o 16 de outubro e o 8 de novembro todos os luns, mércores e venres en sesións de dúas horas. “Estará especialmente orientado a profesionais e pequenos empresarios que utilizan internet ou dispositivos informáticos na súa actividade profesional, aínda que os contidos do curso serán de interese para calquera persoa que utilice medios informáticos na xestión de aspectos importantes da súa vida persoal ou profesional”, dixo o edil ourensán. De feito, afirmou que “para obter aproveitamento do curso non son necesarios coñecementos avanzados de informática, aínda que si coñecementos básicos a nivel de usuario, como saber utilizar un computador ou un smartphone para tarefas comúns”.

Coa mencionada iniciativa trátase de proporcionar coñecementos para evitar ou neutralizar os efectos de software malicioso (virus, troianos, ramsomware), que neste momento “constitúen un risco elevado para a actividade emrpesarial, cando esta depende de computadores ligados a internet”. Así mesmo, profundará nas cuestións legais relacionadas con este campo, tales como sancións por utilización de software sen licenza, protección de datos, etc.

Artigos relacionados

Back to top button