CulturaCulturaÚltima horaVídeos

La Quinkillada lanza disco e inicia unha xira que recalará en Ourense en maio

 

Este sábado La Quinkillada iniciará na sala Aturuxo de Bueu unha xira de presentación que levará a este grupo pola Coruña, Ourense, Vigo, Mos e o Festival Ouren Sound Fest. Nestes primeiros concertos presentarán os temas do seu disco debut, Gozar, Sentir, Bailar que estará dispoñible a partir deste venres 22 de abril. As entradas para os tres primeiros concertos xa están á venda en www.entradium.com . Nesa xirá recalarán en Ourense o vindeiro 28 de maio no Ouren Sound Fest.

Rodri Martínez, Yago Oliveira, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña, Valverde e Rocío Buyo forman esta banda que naceu como resposta artística ao encerro en pandemia.

 

 

Despois do confinamento comezaban un intenso traballo de composición de temas propios con estilos dende a Rumba á Cumbia pasando por sons modernos. Gran a gran construíron este primeiro traballo que contén dez temas con gran diversidade nas letras: dende a básica desconexión de festa a poñerse serios falando dos golpes da vida.

Outra máis é o terceiro adianto de Gozar Sentir Bailar, o primeiro disco de La Quinkillada que estará dispoñible este venres. Neste tema seguen a demostrar que son a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova.

 

Artigos relacionados

Back to top button