OurenseÚltima hora

“La vendedora de fósforos” e “Baronesa”, mellores filmes do 22 OUFF

Membros dos xurados do OUFF.

O Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF) xa ten gañadores das diferentes categorías. Os distintos xurados xa deron o seu veredicto e así queda o palmarés desta vixésimo segunda edición:

O Premio a Mellor Filme dentro da Competición Iberoamericana foi para “La vendedora de fósporos”, de Alejo Moguillasnky e o premio “Carlos Velo” á Mellor Dirección desta sección de Iberoamérica foi para Chris Gude, director de “Mariana”. Na categoría “Óperas Primas”, a gañadora foi a cinta de Juliana Antunes “Baronesa” que tamén recibiu o premio do Cineclube Padre Feijóo. Finalmente, o xurado Universitario deulle o premio a “Vermello ruso” do director Charly Braun.

No eido das mencións especiais, o xurado da competición iberoamericana concedeulla a “La noche polar”, de Florencia Romano. Pola súa banda, a mención do xurado da categoría “Ópera Prima” foi para “69 minutes of 86 days”, de Egil Håskjold Larsen.

Máis información sobre o palmarés do OUFF na vindeira edición do mes de novembro do Xornal “O Sil”.

Artigos relacionados

Back to top button