DeportesÚltima hora

“La Vuelta” máis tardía da súa historia pasará por Ourense o 4 de novembro

A edición 2020 da proba ciclista sairá o 20 de outubro dende o País Vasco e rematará o 8 de novembro en Madrid

Foto: “La Vuelta”.

 

“La Vuelta 20” prevista inicialmente entre o 14 de agosto e o 6 de setembro, xa ten novas datas anunciadas hoxe pola Unión Ciclista Internacional (UCI). A ronda española arrancará coa etapa Irun-Arrate. Eibar o martes, 20 de outubro, e terminará en Madrid o domingo, 8 de novembro.

Como medida ante a crise sanitaria provocada polo Covid-19, a empresa organizadora tomou a decisión de cancelar e no substituír a saída oficial prevista dende as provincias de Utrecht e Brabante Septentrional (Países Baixos), polo que a UCI traballou na reorganización do calendario ciclista coa variable excepcional dunha Vuelta de 18 etapas, en lugar das 21 habituais.

Aínda que practicamente de xeito simbólico, a competición tamén pasará este ano por Galicia por onde circulará o pelotón nas etapas 13 e 14. O 3 de novembro correrán dende Muros ata Dumbría (A Coruña) e ao día seguinte realizarase o percorrido entre Lugo e Ourense. A etapa discorrerá sobre un terreo “rompe pernas” e contará cun porto de 3ª no tramo final.

Con estes cambios “La Vuelta 20” disputarase un mes despois do “Tour” de Francia (29 de agosto-20 de setembro) e tres semanas despois do Mundial de Ciclismo en Ruta de Suíza (20-27 de setembro), converténdose na edición máis tardía da súa historia.

 

Artigos relacionados

Back to top button