ConcellosÚltima hora

Labores de desinfección no concello de Vilamartín de Valdeorras

A limpeza extrema é unha forma de evitar contaxios nesta pandemia provocada polo coronavirus

 

A hixiene e a desinfección, xunto co illamento para evitar o contaxio, son as principais armas para loitar neste momento contra o coronavirus, ou polo menos para evitar que se espalle de forma masiva e descontrolada. Por iso, na medida do posible, os concellos afánanse en desinfectar zonas comúns, estradas e lugares de máxima afluencia de xente.

Na mañá deste sábado 21 de marzo era o Concello de Vilamartín de Valdeorras quen levaba a cabo labores de limpeza e desinfección das principais rúas da vila, coa colaboración dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil aos que o propio alcalde, Enrique Álvarez, agradece o traballo que levan a cabo de forma desinteresada.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button