ConcellosÚltima hora

Labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de Quiroga e Ribas de Sil

Realizábanos os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF)

 

Durante a mañá deste 28 de marzo levábanse a cabo labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de doce concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus. Entre eles estaban Quiroga e Ribas de Sil.

Os encargados de realizar estas tarefas foron os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, “que actúan na contorna de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde ou residencias da terceira idade, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios”, segundo informa a Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button