OurenseÚltima hora

Labores na horta escolar da Aula da Natureza de Oira dos Ecovixiantes de Franciscanas

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense non paran. Nesta semana de abril, ao consabido traballo dos luns coa clasificación de tapóns solidarios, reciclaxe de pilas usadas e envases lixeiros dentro do Plan Proxecta Recíclache con Sogama, uniuse este mércores a preparación da horta escolar na aula da Natureza ten en Oira. Alí plantaron allos, cebolas, tomates, escarola, maiz, verza branca, pipas de xirasol…

 

 

Ademais de cumprir cos labores da hora, os rapaces uniron o coidado ambiental cos hábitos de lectura e cada un levou de agasallo un bonito libro, despois de doar ao horto escolar outro compostador, substratos, ferramentas de traballo e moitas sementes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button