OurenseÚltima hora

Lagarto Amarillo actuará nas festas de setembro en Ribadavia

O grupo madrileño será o cabeza de cartel do programa no que tamén actuará Marta Soto
O cantante de Lagarto Amarillo.

O grupo madrileño Lagarto Amarillo actuará o vindeiro 8 de setembro durante as festas do Portal 2018 de Ribadavia. Así o anuncian dende o Concello que completa o programa musical coa actuación xa anunciada da cantante Marta Soto, ámbalas dúas de balde.

Con case vinte anos de traxectoria musical, Lagarto Amarillo destaca pola singularidade na letras dos seus temas. Entre os seus éxitos destacan Cuéntame, tema elexido para anunciar a popular serie de televisión española Cuéntame como paso co que foron galardoaos co GPF Music-Agua 2009 como mellor canción latina, Dejarse la piel ou Culpable.

A Ribadavia chegará co novo disco Campeón no peto, no que destacan temas como Perdón y Amén ou Kamikaze.

Artigos relacionados

Back to top button