PolíticaÚltima hora

Laias convértese nun laboratorio de ensaios dunha campaña electoral

Os mozos mexicanos que se forman en política estes días en España reciben a visita do presidente do PP ourensán
Eladio Jardón, Manuel Baltar e José Martínez, onte, en Laias.
Eladio Jardón, Manuel Baltar e José Martínez, onte, en Laias.

Os mozos mexicanos que se forman estos días en política en España sumérxense nas augas dunha campaña electoral en Laias, onde o Instituto de Comunicación e Marketing – Escuela de Gobierno puxo en marcha un laboratorio de simulación. Alí estivo onte o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, quen se interesou por esta iniciativa e non dubidou en aconsellar aos alumnos sobre a construción do éxito político, obxectivo final.

Esta non será a única vez que os rapaces das Nuevas Juventudes do Partido Acción Nacional (PAN) de México vexan a Baltar como exemplo de figura política. O luns teñen prevista un encontro con el na Deputación Provincial. Tamén teñen previsto visitar Madrid para coñecer outras institucións coma o Congreso dos Deputados ou o Senado antes de voltar a México.

Artigos relacionados

Back to top button