CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“Lambetadas” de Talía Teatro amosa no Barco o valor de ter lingua propia

 

Descoñecen quen son e de onde veñen. E tampouco teñen moi claro ao principio cara onde van, nin que queren ser. Así son os dous singulares protagonistas de “Lambetadas”, que se coñecen sobre o escenario. Mentres se van descubrindo a si mesmos decántanse tamén de que algo lles sucede ás súas linguas e temen perdelas.

Esta divertida obra de Talía Teatro, dirixida ao público infantil, representábase no mediodía do 29 de decembro no Teatro Lauro Olmo do Barco. María Ordoñez e Diego Rey encarnan a dous peculiares personaxes que a través do xogo escénico e o humor, e botando tamén man de técnicas do clown e do teatro de obxectos, tocan de cheo o valor da lingua galega como elemento cultural e de identidade.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button