CulturaCulturaÚltima hora

“Language Planning” de Os Quinquilláns Teatro, o 28 de xaneiro no Barco

Á representación acudirán estudantes de institutos de Valdeorras, Quiroga e O Bierzo

 

Un total de douscentros trinta alumnos de institutos de Valdeorras, Quiroga e O Bierzo asistirán o vindeiro martes 28 de xaneiro á representación de Languague Planning, un espectáculo de Os Quinquilláns Teatro, producido pola Editorial Galaxia, que será interpretado por Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

A obra xira en torno a dous membros da LP, Language Planning, que chegan a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Unha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.

Á única función programada en Valdeorras acudirán estudantes do IES Martaguisela do Barco, do IES Cosme López da Rúa, do IES de Quiroga, do IES de Cacabelos, e dos IES Europa e Virgen de la Encina de Ponferrada.

Artigos relacionados

Back to top button