ConcellosQuirogaÚltima hora

Lapis en lembranza dos escritores galegos, na Casa da Cultura e no albergue de Quiroga

Lapis na Casa da Cultura de Quiroga. /Foto cedida.

 

Na mañá deste venres 5 de marzo, o colectivo Quiroga en Marcha poñía comezaba un novo proxecto na vila lucense. Trátase dunha obra artística centrada en lapis de grandes dimensións, situados na Casa da Cultura e no Albergue Municipal, como “recordatorio de todos aqueles escritores que tiveron algo que ver co noso municipio”, explican dende o Concello.

Con esta obra, o artista salmantino Felipe Piñuela pretende “chamar a atención dos transeúntes, á vez que serve de lembranza e recordo das letras e dos versos que se escribiron en Quiroga”, din dende o ente local.

O presidente de Quiroga en Marcha, Pablo Núñez, pola súa banda, sinala que un dos principais obxectivos do colectivo que preside é “desenvolver diversas iniciativas co obxectivo de axudar embelecer a localidade e todo o municipio, facéndoos máis atractivos para veciños e visitantes”. Esta é a segunda actividade que levan a cabo na vila (a primeira foi o pintado de tres murais de grandes dimensións) e os integrantes da asociación, aberta a todos os que o desexen, pretende continuar con máis proxectos. O máis inmediato será un novo mural noutra fachada.

Artigos relacionados

Back to top button