ConcellosÚltima hora

“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, en Sober

A peza de Carlos Casares, adaptada pola valdeorresa Eva F. Ferreira, representarase o 24 de marzo no marco das “Merendas con contos”

 

 

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro (cuxa data é o 27 de marzo), Sober centrará as vindeiras “Merendas con contos” nesta arte escénica. Así a Escola Municipal de Teatro de Sober representará unha adaptación libre de “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, de Carlos Casares, autor ourensán que será homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Esta adaptación desta peza é obra ademais da valdeorresa Eva F. Ferreira e na representación actuarán as alumnas do grupo adulto da Escola Municipal de Teatro de Sober. A función é para todos os públicos e terá lugar no xardín diante do Centro Sociocultural o 24 de marzo ás 18:00 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close