En portadaÚltima hora

Lardeiros, rondas de folións e festa do cabrito no Entroido de Vilariño de Conso

O Concello vén de facer público o programa desta celebración, que comezará o 21 de febreiro co Xoves de Compadres e que se prolongará ata o Mércores de Cinsa, 6 de marzo
Un dos folións de Vilariño de Conso, na praza da vila./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A tradión e a gastronomía marcarán a celebración do vindeiro Entroido en Vilariño de Conso. O Concello vén de facer público o seu programa, que se encetará coa colga do Lardeiro o Xoves de Compadres ás 20h. Logo terá lugar unha cea dos homes na vila.

A celebración continuará o Xoves de Comadres, o Sábado de Entroido (2 de marzo), onde, ademais de folións, terá lugar unha degustación de “porco ó espeto”. As entradas son limitadas (350) e venderanse a partires das 20h. a un prezo de 5 euros. Ás 22h. haberá concurso de disfraces e festa coa Gramola.

O día grande será o Domingo Gordo con desfile de folións ao mediodía e, despois coa XXX Festa do Cabrito no pavillón polideportivo. As entradas teñen un prezo de 15 euros en venda anticipada (antes do 28 de febreiro) e de 20 euros nos días posteriores. Poden mercarse na Rúa (Carnicería Nogueira), no Barco (Deportes Tri-Sport) e en Vilariño (Supermercado Cernamouro, Panadería Guerra e Bar A Ponte).

O programa de actos continuará o Martes de Entroido coa queima dos lardeiros e o Mércores de Cinsa co enterro da Sardiña. O Entroido 2019 de Vilariño será organizado polo Concello e pola Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button