AutomobilismoDeportesÚltima hora

Larouco acolle esta fin de semana a súa concentración de coches clásicos

Esta actividade, organizada por Laroucautos, comezará ás 10 da mañá coa exposición dos vehículos

Laroucautos organiza a cuarta Concentración Concello de Larouco que reunirá aos clásicos o vindeiro domingo 19 de xullo, xa que nun principio íase celebrar o pasado 15 de marzo, pero por mor da pandemia do Covid-19 tivo que aprazarse.

Así, o programa arrancará ás 10 da mañá coa exposición de vehículos que irán dende Seat 131, Simca, Citroën GS ata Volkswagen na explanada do polideportivo de Larouco ata as 12:00h. De seguido os participantes comezarán a ruta ata a rúa Doutor Vila, na Rúa, onde permanecerán expostos ata as 14:30h. aproximadamente. Nese momento darán unha volta polo municipio rematando no Hotel Espada onde terá lugar o xantar.

 

Clásicos na anterior edición da concentración, en Larouco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un dos organizadores, Hugo Prieto explicaba que “a nivel seguridade, ao principio o xantar ía ser nun restaurante pechado, no Hotel Espada da Rúa, pero agora aínda que o restaurante sexa o mesmo, faremos o xantar no xardín, ao aire libre e con bastante separación. Ademais, íamos facer un almorzo no polideportivo de Larouco, pero tamén vai ser no exterior, aproveitando o bo tempo que non tiñamos en marzo”.

Por outra banda, Hugo Prieto adianta que “serán uns 50 coches, aproximadamente, aínda que na situación actual tampouco se poden facer moitas previsións. Vai ser unha concentración máis ben local, virá algún coche de fóra, pero máis ben de amigos que veñen todos os anos e coas debidas precaucións”.

Artigos relacionados

Back to top button