ConcellosÚltima hora

Larouco acolle mañá a I Concentración de Clásicos

A xuntanza de vehículos comezará ás 9:30h. cun almorzo polos bares
Coches clásicos na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

BMW, Volkwagen, Fiat, Sinca, Citroën e sobre todo Seat, son algunhas das marcas de coches (todos con máis de 25 anos de antigüidade), que poderán verse na I Concentración de Clásicos que se celebrará mañá domingo 12 de marzo no concello de Larouco, organizada pola peña Laroucautos.

A xornada comezará en torno ás 9:30h. cun almorzo polos bares de Larouco e ás 10:30h. arrancará unha fermosa ruta turística que se celebrará en dúas tandadas. A primeira irá de Larouco a Manzaneda e Trives onde haberá unha pinchada para os participantes; a segunda partirá de Trives rumbo a Montefurado, A Enciñeira e de novo Larouco onde terá lugar o xantar a base de cocido. Tanto a concentración como o xantar celebraranse no entorno do pavillón deportivo da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button