ConcellosÚltima hora

Larouco busca facilitar o acceso á vivenda á xente nova

O seu alcalde, Joaquín Bautista, vén de reunirse coa conselleira de Vivenda para analizar as distintas axudas da Xunta neste senso
O alcalde de Larouco na reunión mantida coa conselleira de Vivenda.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Larouco, Joaquín B. Prieto Rodríguez, veñen de mantar este luns 13 de maio unha reunión de traballo para analizar as distintas axudas da Xunta de Galicia para facilitar o acceso a unha vivenda, aos mozos especialmente.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle que o IGVS ten aberta unha liña de actuación, á que se destinan 800.000 euros, para habilitar axudas para adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes. Indicou que os interesados dispoñen ata finais de outubro para presentar a súa solicitude. O obxectivo é contribuír ao asentamento de mozos nos concellos menos poboados, favorecendo a fixación de poboación nova nas áreas máis rurais de Galicia.

Outra das propostas para facilitar vivenda aos veciños de Larouco é o emprego de técnicas de construción modular. Ángeles Vázquez explicoulle que este procedemento construtivo baséase na unión de distintos módulos estandarizados que se fabrican na súa totalidade en taller, de xeito que as únicas obras requiridas sobre o terreo para a instalación destes inmobles será a execución da cimentación e ensamblaxe.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button