ConcellosGalerías de fotos

Larouco celebra as festas patronais

A procesión coa imaxe de N. Sra. dos Remedios centrou o día festivo

A última hora. Así se organizaron as festas patronais de Larouco cuxo acto central tiña lugar pasada a unha da tarde do 8 de setembro. A esa hora, encabezada pola imaxe da patroa, N. Sra. dos Remedios, daba comezo a procesión polas rúas do pobo, ao son do repique de campás e da música da charanga Brisas do Sil, seguida por numerosos fegreses.

Tralo percorrido, a imaxe da Virxe regresaba á igrexa parroquial onde tiña lugar a eucaristía. E xa pola tarde, o baile estará amenizado pola orquestra Charleston Big Band.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button