ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Larouco celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe dos Remedios

A procesión percorría as rúas da localidade valdeorresa no mediodía do 8 de setembro

Só tres días despois do paso da Volta a España, seguida por boa parte da poboación, Larouco volve vestirse de gala, desta volta para delebrar as festas patronais na honra á Virxe dos Remedios.

Hoxe, 8 de setembro é un día sinalado en moitos pobo, pero en Larouco víveno con especial devoción. Así, o acto central do programa tiña lugar en torno ás 12:30h. Nese momento saía a procesión coa imaxe da Virxe levada a ombros polas mulleres vestidas co traxe rexional galego, precedida pola Banda de Gaitas Preparatorio da Deputación de Ourenre, que ía marcando o ritmo polas rúas da vila ata regresar de novo á igrexa. E alí tiña lugar unha ofrenda a cargo do grupo folclórico de Santa Eulalia de Tábara (Zamora) “Caminemos unidos”. “Fixeron un ofrecemento á Virxe dos Remedios e veñen a Larouco cos traxes rexionais adicando unha actuación musical á advocación mariana”, explica o párroco Victoriano Ferrero. Cantaron algúns temas adicados á Virxe e tamén harmonizaron a eucaristía presidida por Ricardo Fuertes Vega, delegado diocesano do clero en Astorga.

Hoxe o baile en sesión de tarde e verbena estará amenizado polo grupo Nuves e mañá haberá sesión vermú e verbena a cargo da orquestra Ciudadevigo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button