A GudiñaConcellosLaroucoÚltima hora

Larouco e A Gudiña, entre os concellos ourensáns que seguirán en máximas restricións

Panorámica de Larouco.

 

Os concellos galegos con máis de 500 casos de Covid por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días continuarán en máximas restricións. Así o anunciaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, tras a reunión mantida esta mañá polo Comité Clínico que segue a pandemia do Covid.

Así, nese primeiro nivel mantéñense as restricións que viñan aplicando ata hoxe. Non abrirá a hostalería, non haberá reunións entre conviventes e non se poderá saír ou entrar do concello salvo por causas xustificadas. Afectará ao 2,6% da poboación. Na provincia de Ourense será o caso dos concellos concellos de Larouco, A Gudiña, A Peroxa e Xunqueira de Espadañedo.

 

Artigos relacionados

Back to top button