ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Larouco honra á Virxe dos Remedios

As festas patronais celébranse do 8 ao 10 de setembro con cultos, orquestras e tute

A localidade valdeorresa de Larouco rende culto a Nosa Señora dos Remedios, da man das festas patronais que se celebran entre hoxe, 8 de setembro, e o sábado día 10.

O programa abríase ás 13 horas do xoves coa procesión da Virxe polas rúas de Larouco acompañada pola charanga Alegría, seguida pola solemne eucaristía, e continuaba pola tarde e noite con baile a cargo da orquestra Panamá. Mañá, venres 9 de setembro será a orquestra Marimba a que se achegue ata Larouco para facer bailar aos asistentes. O sábado 10 de setembro, derradeiro día da festa, o baile correrá por conta da orquestra pontevedresa Son de Vigo. Ese día tamén haberá un campionato de tute que se xogará pola tarde no restaurante o Xoto.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button