ConcellosLaroucoÚltima hora

Larouco recupera a súa Festa do Cordeiro, que se celebrará o 18 de xuño

Cordeiro servido nunha edición anterior da festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste mes de xuño o Concello de Larouco retomará a celebración da súa Festa do Cordeiro, que deste xeito chegará á súa 15ª edición. E farao ademais con novidades. A principal, o cambio de ubicación, xa que este xantar popular aderezado con música desenvolverase nesta ocasión na rúa do Comercio, fronte á Casa do Concello (se ben no caso de choiva trasladaríase ao pavillón).

O menú incluirá entremés, empanada, cordeiro con ensalada, sobremesa, café e chupito. O custo das entradas será de 20 euros/persoa, agás no caso de nenos ata 10 anos, que pagarán 10 euros, e poderán mercarse (ata o 16 de xuño) en todos os negocios de Larouco, no Bar Maruxa de Freixido, así como en varios establecementos da Rúa.

O xantar estará animado pola actuación de Os Bertolini de Manzaneda e pola Charanga Europa. Ademais haberá colchonetas de balde para os máis pequenos.

As reservas poden facerse no teléfono 988 348002 ou ben no correo concellolarouco@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button