DeportesLaroucoÚltima hora

Larouco retoma a ximnasia de mantemento e inclúe sesións para nenos

Comezarase o luns nunha nova ubicación, que será o pavillón municipal, segundo adianta o Concello

 

A partir do vindeiro luns 15 de xuño o Concello de Larouco reanudará as clases de ximnasia de mantemento, que se viron interrompidas hai tres meses como consecuencia da emerxencia sanitaria do coronavirus. Pero as sesión retomaranse con varias novidades.

A primeira delas será o lugar no que se desenvolverán, que pasa a ser o pavillón municipal, co fin de garantir as medidas de seguridade. Tampouco se usarán máquinas e os participantes deberán acudir con mascarilla e manter as distancias de seguridade, segundo adianta a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

As sesións de ximnasia de mantemento impartiranse os luns, martes e xoves ás 11h. Tamén se retoman as clases de ioga, que terán lugar os martes ás 20h. no mesmo pavillón, e, ademais, por primeira vez, poranse en marcha sesións de ximnasia para nenos. As inscricións poderán realizarse no Concello de Larouco e as clases daranse os luns, martes e xoves ás 12h.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button