En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Larouco vístese de festa para honrar á súa patroa, a Virxe dos Remedios

A procesión, amenizada polo grupo de gaitas e pandereteiras de Abertal, celebrábase no mediodía do 8 de setembro

Hoxe, domingo 8 de setembro, é o día grande das festas en moitas vilas ourensás. Un exemplo témolo en Larouco que despois de dous días de actividades para todos os públicos, vivía o día grande das festas patronais na honra á Virxe dos Remedios.

A procesión coa imaxe da Virxe saía da igrexa parroquial ás 13h. percorrendo boa parte da vila acompañada por un grupo de veciñas cos traxes rexionais (encargadas de levar a imaxe), o grupo de gaitas e pandereteiras de Abertal, e numerosos devotos. De volta na igrexa, a imaxe era recibida cunha chuvia de pétalos de flores lanzados dende o campanario, antes de comezar a eucaristía.

 

A imaxe da Virxe dos Remedios é levada a ombros polas mulleres.

 

A festa continúa pola tarde coa actuación da orquestra Fin de Siglo, que porá o broche á fin de semana con dous pases, un pola tarde-noite a partir das 21h. e outro en sesión verbena a partir da unha da madrugada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button