ConcellosLaroucoÚltima hora

Larouco vive o día grande da Virxe dos Remedios

 

Ao son da Charanga Nova Terra de Trives comezaba este 8 de setembro en Larouco. Esta vila está a celebrar o día grande das festas de Nosa Señora dos Remedios. Ao mediodía tiña lugar a misa na honra da Virxe, que nesta ocasión, debido á situación sanitaria non saía en procesión.

Pola tarde, a partir das 19:30h. virá o broche festivo a catro días de actividades da man de Cé Orquestra Pantasma na praza do Mercado. Este abano de actos ten sido organizado polo Concello de Larouco co apoio do programa Xacobeo 2021.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button