DeportesÚltima hora

Laura Ester Ramos, a polas medallas en Tokio coa selección española de waterpolo

O equipo nacional feminino vén de gañar a China (11-7) en cuartos de final

Laura Ester Ramos ten orixes en Valdeorras.

 

Continúan chegando boas novas deportivas para Valdeorras dende Tokio. A selección nacional feminina de waterpolo con Laura Ester Ramos (con orixes en Correxais, Vilamartín) na portería, continúa con paso firme nos Xogos Olímpicos tras superar con comodidade a China en cuartos de final (11-7) tras finalizar primeira de grupo.

Así o equipo que dirixe Miki Oca métese de cheo nas en semifinais, a un só paso das medallas. Alí enfrontaranse ao gañador do Hungría-Países Baixos este xoves 5 de agosto ás 12:50 horas.

 

A selección española feminina de waterpolo en Tokio./ Foto: RFEN.

Artigos relacionados

Back to top button