OurenseÚltima hora

Lección de sensibilidade ambiental da man dos Ecovixiantes de Franciscanas

 

Unha semana máis o alumnado de Franciscanas de Ourense dá unha lección maxistral de sensibilidade ambiental. Traballaron a recollida de pilas usadas dentro da III Liga Pilabot; clasificaron tapóns solidarios que se entregan no Centro de Discapacitados Psíquicos de Verín; e vivían unha xornada inesquecible na Aula da Natureza de Oira con mascotas, cans e gatos.

 

 

A charla en Oira tiña varios obxectivos, como “concienciar aos máis pequenos da casa sobre os coidados e responsabilidades que require unha mascota”. Tamén adquerir coñecementos sobre cans e gatos, para valorar a importancia que teñen como animais de compañia e como fonte constante de alegría e agarimo, “inculcar aos máis cativos comportamentos para paliar o abandono; e ser consciente de que un animal non é un xoguete”, explica o profesor Lalo que acompañou aos estudantes xunto a Cristina.

 

 

Ademais, os Ecovixiantes colaboraron con ‘DOC Can’ levando alimentos para os animais.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button