CulturaEducaciónÚltima hora

Lectura en inglés na Biblioteca Municipal da Rúa

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Pablo VI-Fátima participaron na II edición de “English world”

“Wonderful water” e “Incredible earth” son os libros sobre os que este ano traballaron na clase de inglés os alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa. Unha actividade coa que “sacámoslle o máximo partido aos libros, tanto no apartado pedagóxico (vocabulario, estrutura, lectura, traducións…) coma no lúdico á hora de realizar maquetas e actividades sobre os temas” explica a profesora Rocío Illesca.

Unha desas actividades é “English words” a lectura en inglés que por segundo ano consecutivo, o 29 de maio realizaron os nenos na Biblioteca Municipal de A Rúa. Con esta iniciativa “o que pretendemos é conseguir que as palabras inglesas teñan o seu oco dentro do ensino no centro, xa que tamén temos implantadas as seccións bilingües” di Rocío.

Artigos relacionados

Back to top button