ConcellosO BarcoÚltima hora

“Ledicia e satisfacción” no Barco pola elección de Florencio Delgado para as Letras Galegas 2022

Trátase "dunha antiga reivindicación da comarca, e tamén dun soño cumprido", segundo a edil de Cultura, Margarida Pizcueta

 

Dende o Concello do Barco vén de amosarse a súa “satisfacción pola decisión da Real Academia Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Esta designación chega despois de 5 anos de intenso traballo de todos os integrantes do proxecto “As Letras de Florencio”.

Para a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, “trátase dunha antiga reivindicación da comarca, e tamén dun soño cumprido”. Ademais destaca a importancia que esta designación ten para O Barco e para toda a comarca de Valdeorras.

“O intenso traballo, especialmente nos dous últimos anos, permitirá que en 2022, Florencio Delgado Gurriarán, O Barco e Valdeorras sexan os protagonistas da cultura galega. A pesar de que se celebre no ano 2022, a designación prodúcese neste 2021, o que o convirte nun ano maravilloso, ao coincidir esta gran noticia, co centenario do nacemento de Lauro Olmo, e o centenario da morte de Elena Quiroga”, di Margarida Pizcueta.

O Concello do Barco quere “dar as grazas a todas as persoas, organismos e institucións que traballaron arreo para lograr este obxectivo, e tamén á Real Academia Galega pola decisión adoptada”.

Máis información:
https://osil.info/o-valdeorres-florencio-delgado-gurriaran-autor-homenaxeado-nas-letras-galegas-do-2022/

Artigos relacionados

Back to top button