PolíticaÚltima hora

Ledicia Piñeiro (OueC) renuncia á súa acta como concelleira na corporación municipal de Ourense

Asegura que esixencias na súa vida profesional fan incompatible o seu traballo co “tempo que require atender con honestidade e rigor o cargo no Concello”
Ledicia Piñeiro anunciando a súa renuncia en rolda de prensa.

A edil de Ourense en Común Ledicia Piñeiro, vén de facer pública a súa renuncia como concelleira na corporación municipal do Concello de Ourense. Facíao na mañá do 9 de abril, nunha rolda de prensa celebrada no Espazo en Común onde dixo que a motivación que a leva a abandonar o cargo é “exclusivamente laboral”, aclarando que neste momento “é preciso adicar o meu tempo, a miña atención e esforzos á vida profesional”, polo que considera “de xustiza” coas votantes e as veciñas de Ourense “dar un paso a un lado e ceder o seu espazo a quen poida adicarlle o tempo que require”.

Piñeiro aseguraba que “isto non é unha despedida” e que seguirá “construíndo e aportando” para “fortalecer e facer medrar o espazo de ruptura contra as políticas de agresión do Partido Popular da precariedade, a corrupción, os PXOM con intereses especulativos ou as RPT con vontade enchufista” e “para que unha nova orde social agrome”.

Coa consigna “da praza ao pazo” coa que OUeC chegou ao Concello en 2015, Ledicia apela á xente do común a continuar o relevo das anteriores municipais para “gobernar o Concello Ourense en 2019 con Martiño X. Vázquez á cabeza”, dando as grazas aos seus compañeiros de grupo, Martiño X. Vázquez e Miguel Doval “aos que lle debo absolutamente todo”, á asemblea de Ourense en Común, ao movemento municipalista, aos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol, ás traballadoras e traballadores dos servizos municipais, “polo seu compromiso diario con Ourense e as súas veciñas” e ao resto da corporación.

Artigos relacionados

Back to top button