Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Ledicia Piñeiro: “Temos a constancia de que se pode gobernar doutra maneira”

A candidata ao Congreso por Ourense de En Común Unidas Podemos daba un mitin na tarde do 15 de abril no Barco

O salón multiusos do Concello do Barco acollía na tarde do 15 de abril un mitin de En Común Unidas Podemos. Nel participaba a cabeza de lista por Ourense desta formación, Ledicia Piñeiro, xunto a Víctor Ferreiro, candidato ao Senado, Sandra Armesto, José Antonio Villar e Manuel Nogueira.

“Non vivimos en tempos de excepcionalidade política, económica e social, non é posible responder con indiferenza a esta realidade por iso En Común Unidas Podemos estamos aquí. Non nos resignamos a recoller as migallas de quen nos expolia, róubanos e preténdenos someter e calar. Temos a constancia de que se pode gobernar doutra maneira, coas mans libres, sen medo de enfrontar aos poderes que non se presentan ás eleccións”, sinalaba Piñeiro na súa intervención.

E engadía que esta formación ten “o equipo, temos á xente, temos as claves para gobernar con vontade de futuro por todo o belo e bo deste mundo, por todo o que a nosa xente traballadora fixo e por toda a riqueza dun país que temos que conservar. Na última lexislatura conseguimos arrincar pequenas conquistas como a subida do SMI e eliminar o factor de sostenibilidade das pensións, temos que continuar ese traballo pero iso só o poderemos facer con forza nas cortes”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Ledicia Piñeiro, no Barco./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button