OurenseÚltima hora

Lembrando a figura de Carlos Casares

A Deputación de Ourense apoia a difusión e promoción da figura do escritor e intelectual ourensán
Javier Casares, Manuel Baltar, Hakan Casares e Gustavo Garrido.
Javier Casares, Manuel Baltar, Hakan Casares e Gustavo Garrido.

A Deputación de Ourense levará a cabo accións de apoio institucional e culturais para difundir e promover a figura do escritor e intelectual ourensán Carlos Casares. Así llo confirmaba na mañá do 7 de novembro o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ao presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares Mouriño, ao fillo do escritor, Hakan Casares, e a Gustavo Garrido.

Na reunión mantida cos membros da entidade, Baltar afirmou que a Deputación “ofrecerá a súa máxima implicación co Padroado da Fundación Carlos Casares para colaborar na realización dos obxectivos da mesma” acordándose que en próximas datas ámbalas dúas institucións asinarán un convenio de colaboración para establecer as liñas concretas de cooperación. Unha delas será “a realización da primeira exposición que amosará a novidosa faceta do Carlos Casares fotógrafo, un perfil do escritor até o de agora descoñecido e que no vindeiro ano 2015 poderá verse por primeira vez en Ourense para que o público descubra a creatividade de Casares a través da imaxe fotográfica” explican dende o ente provincial.

Artigos relacionados

Back to top button