Concellos

Lembranza feminina na VIII Festa da Palabra

A Fundación Insua dos Poetas adicou esta edición ao labor das irmás Pura e Dora Vázquez
Autoridades e persoas relacionadas co mundo da cultura que asistiron á Festa da Palabra.
Autoridades e persoas relacionadas co mundo da cultura que asistiron á Festa da Palabra.

A VIII Festa da Palabra adquiriu onte á tarde tintes femininos recoñecendo o labor das irmás Pura e Dora Vázquez, “dúas mulleres que en pelan posguerra desafiaron as convencións sociais para escribir textos xornalísticos e literarios en galego, sendo tamén pioneiras no eido da nosal iteratura infantil e xuvenil”, definiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. O titular do goberno autonómico participou neste evento organizado pola Fundación Insua dos Poetas na localidade ourensá do Carballiño.

Ao acto, presidido por Luís González Tosar, tamén asistiron outras autoridades como a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button