DeportesKárateÚltima hora

Lena Álvarez (KC River Stone O Barco), campioa galega cadete de karate

A karateka valdeorresa vencía en kata feminina no campionato celebrado en Ferrol mentres que a súa compañeira, Tania Fernández era terceira en júnior

Lena (esquerda) e Tania (dereita) cos trofeos e o adestrador, Nicolás Rodríguez.

 

Tralo parón estival, os karatekas do River Stone O Barco regresaron á competición con máis forza que nunca. Senón que llo pregunten a Lena e a Tania, dúas xoves promesas do club que facían podio no campionato galego en categorías cadete, júnior e sub21 disputado na xornada deste domingo 24 de outubro en Ferrol (A Coruña).

 

Lena Álvarez no centro co trofeo de campioa.

 

Tania Fernández González competía en kata júnior, logrando unha medalla de bronce mentres que a súa compañeira de club, Lena Álvarez Pérez lograba a de ouro en kata cadete, proclamándose a nova e flamante campioa galega da súa categoría.

 

Tania Ferández, primeira pola dereita, bronce en Ferrol.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button