CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

León Benavente e Corizonas, cabeza de cartel do SilFest 2022, no Barco de Valdeorras

O festival multicultural á beria do Sil celebrarase do 21 ao 23 de xullo

SilFest Lite celebrado o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Queda un mes e medio para a data (do 21 ao 23 de xullo) pero dende a organización do SilFest 2022 veñen de facer público o cartel definitivo, coa confirmación entre outras de bandas como León Benavente, Corizonas, Sex Museum, Veintiuno, Karavans, Alberto&García ou Agoraphobia.

Un total de 18 artistas do panorama nacional e galego, pero tamén bandas locais, de estilos moi variados que  pisarán os diferentes escenarios do festival multicultural á beira do río Sil, ao seu paso polo Barco de Valdeorras. O cartel dunha sexta edición que promete música para todos os públicos e tres días de baile sen descanso, ademais do mellor viño e catas, polbo á feira, cine ao aire libre, poesía, natureza,… e coma sempre un espazo para os máis pequenos.

As entradas anticipadas poranse á venda proximamente.

 

Artigos relacionados

Back to top button