Deportes

Leticia Gil, bronce en lonxitude

A valdeorresa conquistaba a medalla no Cto.de España promesa de Mataró
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Era unha baza case segura e non defraudou. A atleta Leticia Gil (Adas) regresaba do XXVII Campionato de España promesa de Mataró coa medalla de bronce en lonxitude. Lográbaa nunha final, na que se impoñía Elena Llobera (Lleida UA), cun salto de 5.82 metros, mentres que a valdeorresa facía unha marca de 5.79 metros. Menos sorte tiveron neste mesmo campionato os seus compañeiros do Adas Carlos Revuelta, que quedaba sétimo no lanzamento de martelo, cunha marca de 52,96 m., e Antonio Molina, que se clasificaba quinto na primeira serie dos 100 ml decathlon.

O galego promesa, desputado o 1 de xuño en Lugo, era xa un preludio da medalla de Gil. Nel ganaba o ouro na lonxitude cunha marca de 5,64 metros. Pero houbo máis campións valdeorreses nesta cita galega. Así Carlos Revuelta ganaba o ouro en disco, a prata en martelo e xavelina, mentres que Elba Arias lograba outras dúas pratas nos 100 valados e no triple. Tamén nesa data se celebraba en Lugo o galego junior, cun resultado tamén moi favorable para o Adas con sete metais. Sobresairon as dúas medallas do junior J.J. del Río (ouro nos 400 m e prata nos 200 m) e de Emiliano García (bronce no martelo xavelina).

Texto: Ángeles Rodríguez
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button