ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Leticia Santaballa e Ahmad Matar no “Café con cooperantes” de Cruz Vermella, no Barco

Os voluntarios internacionais participaron nunha tertulia sobre o conflito en Siria e a situación nos campos de refuxiadas en Grecia

Leticia Santaballa é unha psicóloga da Coruña, especialista en migracións e con experiencia en diferentes procectos de cooperación. Ahmad Matar, pola súa banda, é sirio residente en Galicia, que dá clases de conversación a estudantes de árabe, sesenvolvendo ademais actividades de sensibilización sobre a situación das persoas refuxiadas. E xuntos protagonizaron o “Café con cooperantes” que Cruz Vermella Valdeorras celebraba na tarde do 22 de febreiro na súa sede no Barco de Valdeorras.

Entre os asistentes, ademais de traballadores e voluntarios da ONG co presidente Maximino Alonso á cabeza, representantes de diferentes sectores da comarca, dende amas de casa, ata comerciantes, contables, persoal sanitario,… que atenderon ás explicacións desta parella que ten colaborado con distintas asociacións como voluntarios internacionais en diferentes campos de refuxiados de Grecia.

Despois de presentarse foi o propio Ahmed que comezou falando do seu país (ou do que queda del) en Guerra e dalgunhas das súas vivencias ata chegar a Europa onde leva dous ano, para continuar falando sobre a experiencia como cooperantes.

Esta iniciativa, organizada por Cruz Roja en Galicia, que hoxe chegou a Valdeorras, púxose en marcha en xaneiro de 2017 para falar da importancia da cooperación como “ferramenta de axuda efectiva e para brindar á poboación galega a oportunidade de intercambiar experiencias e coñecementos con persoas vinculadas ao mundo da cooperación que traballan ou traballaron en distintas partes do mundo”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button