ConcellosÚltima hora

Leve repunte das infraccións penais no Barco

Era un dos temas abordados na Xunta Local de Seguridade celebrada neste concello valdeorrés o 10 de xullo
O alcalde do Barco recibindo ao subdelegado do Goberno en Ourense, á entrada do Concello.
O alcalde do Barco recibindo ao subdelegado do Goberno en Ourense, á entrada do Concello.

Os informes en materia de seguridade cidadá das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e da Policía Local do Barco amosan un leve repunte na totalidade das infraccións penais contabilizadas neste concello, sobre todo, na incidencia das infraccións contra a seguridade vial e as administrativas. Así se poñía de manifesto no decurso da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e polo alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez. Celebrábase na mañá do 10 de xullo no Concello barquense e nela tamén participaban membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

O subdelegado do Goberno amosaba a súa preocupación por este leve repunte nas estatísticas delictivas do Barco e así fíxollo saber aos presentes aos que animou a manterse no seu labor diario de dedicación, “xa que máis cedo que tarde esta ardua tarefa de investigación e coordinación entre todos darán froitos positivos e as taxas de delincuencia voltarán aos niveis descendentes herdados dos últimos anos”. Outro dato que se destacaba é que “o índice de esclarecemento de delitos e faltas reflicte unha maior efectividade, e en consecuencia, medra o número de detidos e imputados”, segundo informan dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Un dos momentos da Xunta Local de Seguridade do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da Xunta Local de Seguridade do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais na reunión facíase unha avaliación do Plan Local de Seguridade, que se poñía en marcha en marzo de 2014 para dotar ao municipio do Barco de Valdeorras dunha ferramenta para a xestión sistemática da seguridade cidadá. Tamén se valoraba como “positivo o protocolo de coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local na protección de vítimas de violencia de xénero que se asinou na anterior Xunta. Este Protocolo establece as pautas de actuación da Garda Civil como Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e a Policía Local deste municipio, en materia de protección das vítimas de violencia de xénero que residan neste; así como a incorporación da citada Policía Local ao Sistema de Seguimento Integral de casos de Violencia de Xénero, e valorar a evolución do risco”, segundo a Subdelegación.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close