CulturaCulturaÚltima hora

“Libre coma os paxaros”, no Teatro Lauro Olmo do Barco o 19 de novembro

Escena de “Libre coma os paxaros”./ Imaxe: Teatro do Atlántico.

 

“Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais. Así presenta Teatro do Atlántico a súa nova produción “Libre coma os paxaros”, cuxa protagonista é María Rosalía Rita de Castro.

Esta obra chegará o vindeiro venres 19 de novembro ás 21h. ao Teatro Lauro Olmo do Barco. Ten dirección de Xulio Lago e está interpretado por María Barcala.

 

Artigos relacionados

Back to top button