Sanidade

Licitación dos centros de saúde do Couto e da Valenzá, neste ano

O investimento nos dous centros será de máis de 6 millóns de euros

AValenzacentrodesaudeVisita Nieves Dominguez O Couto e  2

Os centros de saúde do Couto (Ourense) e da Valenzá (Barbadás) serán licitados antes de que remate o ano. Así o aseguraba a xerente do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez, que o 12 de xullo visitaba os terreos onde se construirán ambos edificios, nos que o Sergas ten previsto investir máis de 6 millóns de euros. Nesta visita estivo acompañada polos responsables dos proxectos, así como pola xerente de Xestión Integrada provincial e polos alcaldes de Ourense e Barbadás.
Ambos centros serán construídos en terreos cedidos polos respectivos concellos.

Texto: O Sil/Redacción
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button