ConcellosEn portadaÚltima hora

Licítanse as obras de reforma do firme na OU-636 ao seu paso por Trives, Larouco e Quiroga

A intervención, que suporá un investimento de 700.000 euros, situaríase entre A Pobra de Trives (Pq. 0) e Freixido (Pq.19+800), segundo informa a Xunta

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar as obras de reforzo de firme localizado na estrada OU-636, ao seu paso polos concellos da Pobra de Trives, Larouco e Quiroga, por un investimento de máis de 700.000 euros.

As empresas interesadas na execución destas actuacións, cun prazo de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 26 de marzo. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/nBDFpH

Este proxecto define a rehabilitación localizada do firme da estrada OU-636, entre A Pobra de Trives (Pq. 0) e Freixido (Pq.19+800). Repararase o firme nos tramos que a estrada presenta deformacións mediante o fresado e a reposición da capa de rodadura.

Ademais dende Infraestruturas adiántase que o goberno galego tamén está a traballar na contratación da redacción dun proxecto para rectificar algunhas curvas desta estrada autonómica co fin de mellorar a súa seguridade, proporcionando así aos usuarios unha vía cómoda e eficiente.

Artigos relacionados

Back to top button